XOGAMOS COA SÉPTIMA ARTE

Non podiamos rematar a semana dos xogos sen xogar ás películas.

Sabedes ben que os venres son días de arte. Normalmente facemos algunha actividade de poesía ou de literatura, pero esta semana de xogos imos rematar tamén con eles. Coñecíades este xogo?

Pois parécese moito á zoadeira de botón que nos amosou Emma esta semana, verdade?

É un xoguete que consiste nun disco con dúas imaxes diferentes, unha por cada lado. Ao facelo xirar, as imaxes mestúranse e aparece o movemento.

Chámase taumatropo, e pode considerarse un dos inicios do cine.


O cine… a séptima arte…

Hoxe, amigos e amigas… vai de cine.

Gustaríanos, coma sempre, transmitirvos unha mensaxe nestes días que empezamos a saír á rúa, e decidimos facelo tal que así:



Hoxe podedes escoller entre dúas actividades:

  1. Facer un taumatropo

  2. Crear a vosa película de cine mudo

Vaia un bico coma un mundo para todos os nenos e nenas!

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon