Xogamos á oca de psicomotricidade

Ola nenos e nenas, son a profe Sara de novo!

A actividade que vos propoño hoxe é un xogo moi coñecido por vós, tamén o tedes na clase, recordades? O xogo da oca!

Pero... esta é un pouquiño especial, algo diferente... é a oca de psicomotricidade, estades preparados e preparadas para cansarvos e movervos sen parar?

Para xogar podedes utilizar esta que vos fixemos ou elaborar a vosa propia, recordade que ten que ser relacionada con ximnasia.

Que tal se nos enviades fotos ou vídeos realizando un dos retos que puxemos nesta oca? Ou os que poñades nas vosas... Xa sabedes, a pasalo xenial coa vosa familia e contade ben os puntiños dos dados... non vale facer trampas!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon