Tempo de Maias

Actualizado: may 7


Fotografía: Rafael López Loureiro


Entre marzo e abril sae o cuco do cubil

Certo é que o cuco, despois de pasar o inverno na África Tropical, ven á nosa terra entre marzo e abril

e de aí aquela cantiga popular que di:

Levántate maio

Que tanto durmiches

Pasou o cuco

e non o sentiches


Mandar que o maio se levante, que desperte, é como pedirlle á natureza que se vista de flores, que xa vai sendo hora despois dos meses do inverno.

Xa imos entrando no mes de maio, e aínda non adicamos ningún día para celebralo e por iso hoxe queremos encher a nosas Aulas de flores.

Pero non hai mellor maneira de empezar que aprender algo sobre esta festividade.


O mes de maio, o tempo das flores, anúnciase dende hai moitos anos na tradición popular. Son diversas as manifestacións que atopamos na cultura galega referidas a esta celebración e unha mostra diso podería ser o costume de poñer unha poliña de oliveira do día de ramos nas embarcacións, ou o de colocar arcos de flores nos campos das festas. Algúns deles consérvanse na nosa vila, como pode ser o caso do arco floral que se pon na entrada do adro no campo de San Antonio o día da festa, que aínda que non cadre en maio, podería ser considerado parte das celebracións do “Ciclo de Maio”.

Hai anos que vemos que nas escolas se celebra a festa dos maios, normalmente con unha actividade na que se colocan flores sobre unha estructura cónica ou piramidal, un maio figurado ou especie de árbore adobiada con flores e froitos. Podería ser unha das maneiras se estivéramos na escola, pero nestas Aulas no Aire imos celebralo con cantigas e flores.

O propio sería percorrer as rúas pedindo un aguinaldo a cambio dunha canción, que nalgún tempo se daba en especies

“Tire castañas señora Manuela,

tire castañas que as ten na mantela”

(dos maios de Villafranca del Bierzo)


Esas castañas curadas recibían o nome de Maias, como tamén o recibían as nenas que saían ás rúas coa ocasión de pedir algo a cambio do seu cantar.

De aí o nome da actividade de hoxe.


Imos facer dúas cousas:

Unha flor de papiroflexia e aprender un pedaciño dunha cantiga de maio.


Aquí van as cantigas. Ao lado de cada pedaciño poñemos o nome do neno ou nena que lle corresponde. Tedes que gravar un audio e envialo.


Levántate maio que tanto durmiches ................................(Xiana, Unai, Diego Bereijo, Gabriel e Nycolle)

pasou o inverno e non o sentiches......................................(Manel, Antía 5 anos B, Ethan, María e Alejandro)


Aquí vén o maio vestido de flores,......................................(Abraham)

aquí vén San Xoán que trae as mellores.............................(Ana)


Aquí vén o maio pola rúa abaixo,........................................(Fabio)

aquí vén San Xoán arrastrando o refaixo...........................(Oliver)


Aquí vén o maio pola rúa arriba..........................................(Leandro)

ábranos a porta, señora María............................................(Noa 5 anos A)


Pedímoslle o maio ao señor Martín,..................................(Javier)

non tivo que nos dar,...........................................................(Sofía Fernández)

tocounos o frautín...............................................................(Julieta)


Pedímoslle o maio a Don Ceferino,..................................(Emma)

pedímoslle o maio,...............................................................(Ían)

deunos para viño..................................................................(Iván)


Este é o maio ......................................................................(Antía 5 anos A)

este o maio é....................................................................... (Carmen)

este é o maio .......................................................................(Noa 5anosB)

que andaba de pé.................................................................(Icía)


Levántate maio bastante durmiches,.................................(Diego González, Alma, Daniel, Selena)

cantou o cuco e non o sentiches........................................(Juan, Claudia, Narcis, Jairo, Luís Sande)


Tire castañas señora María,.................................................(Elena)

tire castañas que as ten na cociña......................................(Pablo)


Tire castañas señora Manuela,...........................................(Edgar)

tire castañas que as ten na mantela..................................(Maia)


Cantigas de Álvaro Cunqueiro:


Aí vén o maio...................................................................... (Martina)

galán e frolido......................................................................(Luís Rodríguez)

Pola lúa chea.......................................................................(Carla)

naceu pequeniño................................................................(Manuel)


Aí vén o maio...................................................................... (Nico)

frolido e galán......................................................................(Nerea)

Tódalas rapazas amores lle dan..........................................(Xan)


O maio dos ventos............................................................. (Vega)

señor capitán.......................................................................(Sofía Couce)

bótelle as maiolas da hucha do pan ..................................(Mael)


Despois disto, hai que facer as flores. Deixámosvos un vídeo cun modelo de flor que poden facer os pequenos solos. Aínda así, se alguén quixera facer outro modelo de flor, adiante sempre coas vosas ideas que son xeniais.


Ogallá a cambio das nosas cantigas recibamos polo menos un pouquiño de sol, e os campos se vaian enchendo de flores.

Das Aulas encargarémonos nós.

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon