Recrea, clasifica, conta, concéntrate e a xogar!

Benvidos un martes máis a unha actividade de lóxica-matemática. Coidado... Require mooooita concentración, non é nada sinxela de facer.

En primeiro lugar tedes que coller unha folla cuadriculada, se non tedes podedes facer vós as cuadrículas. Unha vez feitas, tedes que debuxar un patrón (véxase actividade 1 e 2), para que os nenos e as nenas o recreen. Teñen que ter moito coidado á hora de contar os cadros, os espazos, as cores de cada elemento, realizar ben as series do boceto inicial...

Todas estas actividades permítennos realizar diferentes variacións. Podédelas facer con distintos debuxos, distinto número de elementos, distintas cores, clasificar e contar as figuras iguais... Unha morea de actividades!


Ao final tedes algunhas anotacións para facer cos vosos fillos e fillas na casa que son moi prácticas para traballar esta competencia. Que pasaría se saco unha figura verde...? E se añado dúas flores máis rosas...?.

Imaxinade que o voso fillo/a está comendo 5 uvas, que pasa se che dou 3 uvas máis? Xa sabedes que nestas idades manipulando é a mellor maneira de aprender, botádelle imaxinación, que xa demostrástedes que tedes moita!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon