Queremos saber...

O curso vaise acabando…todas as cousas rematan…e hoxe é hora de pechar o caderno de naturalistas.

Ahora ben, queremos rematar este proxecto ben rematado, e por iso intentaremos solucionar todas as dúbidas que teñades sobre o que levamos estudiado.

Revisade as páxinas do voso caderno de naturalistas e preguntade.

Pode ser que vos interese saber cando florea algunha especie, se hai orquídeas en Cedeira, se naceron este ano píllaras na comarca, se hai moitos tipos de lagartos na nosa zona ou algunha pregunta sobre a reserva mariña que vimos a semana pasada.

Son tantas as preguntas que se poden facer que decidimos pedir axuda, porque nosoutras non temos un coñecemento tan amplio da natureza. Así pois, e despois de todo o interés que amosástedes día a día, semana a semana con este tema que menos que as vosas preguntas sexan respondidas por especialistas.

O certo é que a oportunidade de hoxe non debería perdela ninguén, porque podemos aprender moito e moi ben.

Imos presentarvos aos colaboradores nesta actividade de natureza:


Xan Rodríguez Silvar. Ornitólogo.

Profesor e investigador de campo. Pioneiro da moderna ornitoloxía galega, referencia imprescindible no ecoloxismo das últimas décadas. Actualmente é Delegado da Sociedade Galega de Historia Natural na sección de Ferrol (nacida co obxectivo de fomentar o coñecemento, a divulgación e a defensa do medio ambiente galego)

Xan Rodríguez Silvar é impulsor da grande labor de cultura e divulgación científica que supón o Museo de Historia Natural, unha xoia na culturización medioambiental da bisbarra, unha obra colectiva da que foi promotor e agora corresponsable. Podería se considerada de visita obligada pra colexios e institutos.



Martiño Cabana Otero. Biólogo.

Participa en múltiples traballos da Universidade da Coruña e Vigo. Realiza a súa tese de doutoramento sobre a distribución  conservación dos anfibios e réptiles de Galicia. É o coordinador do Atlas dos Anfibios e Réptiles de Galicia e do de Libélulas de Galicia. Redactor de numerosos artigos sobre a distribución e estado de conservación dos hérpetos e odonatos do noroeste ibérico. Membro da Asociación Galega de Custodia do Territorio, onde realiza diversos traballos de conservación da biodiversidade, entre os que destaca o establecemento e conservación de microrreservas de flora. Científico e investigador, este naturalista, é o dinamizador de estudos sobre a biodiversidade ibérica e a colaboración entre naturalistas deste territorio .



Toñito do Barqueiro. Técnico Superior en Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.

Apicultor profesional, naturalista adicado case en exclusiva ás especies da comarca do ortegal, especialmente a aves e orquídeas é o autor da web www.cousasdonorte.com, onde podemos atopar información sobre a comarca de ortegal, un espazo que cómpre protexer.

Participou en diferentes proxectos no centro de investigacións agrarias e no plan de erradicación de Vespa velutina en Galicia.



Alba Quintana Couto.

Bióloga ambiental e mariña, traballou durante varios anos na Confraría de pescadores de Cedeira, onde exerceu o labor de coordinadora da Reserva Mariña Ría de Cedeira dende que se implantou ata o ano 2018. Así mesmo traballou como asistencia técnica á pesca de baixura e o marisqueo da Confraría de pescadores da nosa vila. Actualmente é directora de I+D+I Producción e Comercio, de Juan García Pesca.

Xa vedes, amiguiños e amiguiñas…acabamos de atopar outra reservista. Amiga dende a infancia da profe Carmen hoxe está aquí para solucionar as vosas dúbidas sobre a Reserva Mariña.

Amiguiños e amiguiñas...conservar as amizades é unha das cousas máis importantes que tedes que aprender na vida.


E por suposto, non podía ser de outra maneira,

Rafael López Loureiro.Naturalista de garda das Aulas no Aire.


MESTRE de escola, naturalista, investigador e argalleiro é xa un habitual colaborador nas Aulas no Aire, pois como sabedes todas as fotografías que foron ilustrando as entradas referidas ao caderno de naturalistas son do seu arquivo particular. Rafael López Loureiro adica unha parte do seu tempo á observación da natureza, á caza fotográfica, ao rexistro de especies...e de todo isto foi deixando constancia no seu blog Ao noroeste do noroeste, de visita obrigada para calquera que queira coñecer a flora e fauna da nosa bisbarra e para calquera aficionado á lectura que lle preste pasar un pedaciño do seu tempo enlorado nas palabras que alí escribe.

Outra parte dos días pásaos estudiando as obras do Padre Sarmiento, de quen é un publicista e admirador entusiasta ...e entre páxina e páxina, sen descuidar o seu traballo de naturalista de garda nas nosas Aulas, vai identificando  as instantáneas dos bichiños que atopades nos paseos e enviades ao grupo.

O profe Rafa é un gran naturalista, pero se algo houbera que destacar da súa andaina no mundo educativo, é sen dúbida a modificación dos curriculos escolares de todos os centros de Galicia dende o punto e hora en que se lle meteu na cabeza recuperar un xoguete tradicional e argallar unhas Unidades Didácticas que pouco a pouco se foron espaleando por todas as escolas e que hoxe chamamos o Samaín.


É un orgullo poder contar coa colaboración das persoas que están hoxe ao outro lado das portas das Aulas no Aire para escoitar as vosas dúbidas.


Así pois, a actividade de hoxe será facer unha pregunta para elaborar entre todos e todas unha entrevista. Cada un de vós facerá unha pregunta referida ao apartado que lle corresponda. Facedes un vídeo coa pregunta (ou escribídela) e enviades ao grupo de WhatsApp.

A distribución é a seguinte:


Vaian dende aquí as gracias por participar no noso proxecto de traballo.


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon