Propostas das familias. Xogos de imitación.

Unha das primeiras familias en aceptar o noso convite a participar propoñendo algunha actividade foi a de Maia. Na casa da nosa compañeira fan un montón de actividades distintas, pero a que máis lle gusta e a que vos quixo propoñer a todos hoxe é a de xogar a facer imitacións xa que goza facendo que é algunha persoa da súa familia. A Maia encántalle poñerse no papel de ......



Seguro que adiviñades a quen está interpretando neste vídeo...


Así que a proposta da familia Pardo Barreto é a seguinte:

- Facer un vídeo no que imitedes a papá, a mamá, aos avós ou irmáns... a quen máis vos apeteza da vosa familia.

Podedes xogar con nós e tamén podedes enviarllo aos vosos parentes, que seguro que van pasar un rato do máis divertido véndovos.


Señoras e señores...

Quedan inauguradas as xornadas de actividades propostas polas familias!


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon