O MEU CADERNO DE NATURALISTA

Actualizado: jun 1

Un caderno de naturalista na casa? Pois si, empezamos a crear un caderno para que o día que podamos saír a pasear, saibamos chamarlles ás cousas que vemos polo seu nome.

E por qué?

Pois porque a aprendizaxe debe construírse dende o noso entorno máis inmediato. Os nenos e nenas teñen que aprender os nomes das cousas, e con esta actividade pretendemos isto mesmo: coñecer algúns nomes de flores.

Non digas unha árbore,

dille "carballo",

se che gusta a súa sombra

tes que nomealo.

Que ten un nome,

se che gusta a súa sombra,

que non se borre.

(Campo, M., 2005)




E así son as primeiras páxinas do noso caderno de naturalistas.

Iremos completando pouco a pouco...


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon