Mestras na fiestra. Arte na casa.

Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos.  

Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo?

Nosoutras hoxe decidimos facer unha representación do cadro de Murillo: "Mujeres en la ventana". Este cadro está nada máis e nada menos que en Estados Unidos, pero hoxe podemos atopalo nas Aulas no Aire. Resulta curiosa a expresión da cara das mulleres do cuadro. Que estarán mirando? 

Nosoutras fixemos unha versión desta pintura que quedou tal que así:

Pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte.

Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben!


Estamos seguras de que coa vosa axuda conseguiremos recrear unha galería de arte do máis orixinal.


Eu aprendo arte na casa


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon