Lingua de signos

Estes días estivemos realizando actividades adicadas ao xogo. O xogo é unha linguaxe universal xa que todos os nenos e nenas se entenden xogando, sen necesidade de falar. Unha vez adentrados no mundo das linguaxes, hoxe e mañá queremos seguir con actividades deste campo. A continuación temos unha actividade onde intervén outro tipo de comunicación que seguramente nunca tivéstedes a oportunidade de aprender ou, polo menos, adentrarvos un pouquiño neste mundo: a Lingua de Signos Española (LSE). A lingua de signos é a linguaxe a través de xestos polo que se comunican as persoas con discapacidade auditiva. Dende o ano 2007 a LSE é considerada un idioma máis.

Esta actividade vén da man dunha familia que compón as Aulas no Aire, concretamente da man de Lydia. Lydia é unha invitada moi especial que seguro que moitos e moitas coñecedes. Realizou varios cursos de lingua de signos (un deles está realizándoo actualmente de maneira online) e quere compartir con nós este vídeo. Mediante a linguaxe de signos realizou a canción "Pimpón es un muñeco".


Pois ben, a actividade de hoxe consiste en enviar un vídeo ao grupo de WhatsApp co trociño de canción que vos tocou, aquí abaixo deixámosvos o reparto das frases:


Pimpón es un muñeco, .............................................. (Edgar, Juan, Elena, Julieta)

muy guapo y de cartón, ............................................. (Alma, Sofia C., Leandro, Pablo)

se lava la carita, ........................................................... (Carmen, Narcís, Diego Breijo, Emma)

con agua y con jabón. ................................................ (Noa López, Nico, María Bello, Mael, Ían)

Pimpón siempre se peina, ......................................... (Daniel, Icía, Ethan, Antía 5 anos A)

con peine de marfil, ................................................... (Selena, Xan, Abraham, Javier)

y aunque se hace tirones, .......................................... (Maia, Oliver, Iván, Nycolle)

no llora ni hace así. ..................................................... (Claudia, Alejandro, Gabriel, Noa Hermida)

Pimpón dame la mano, .............................................. (Martina, Luis Sande, Manel, Sofia Fernández)

con un fuerte apretón, ............................................... (Luis R., Vega, Fabio, Jairo)

yo quiero ser tu amigo, .............................................. (Carla, Manuel, Xiana, Ana)

Pimpón, Pimpón, Pimpón. ........................................ (Nerea, Antía 5 anos B, Diego G., Unai)



LYDIA, MOITAS GRACIAS DE PARTE DE TODOS/AS POR COMPARTIR ESTE INTERESANTE MUNDO COAS NOSAS AULAS

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon