Hello! I am Rosa!

Ola nenos e nenas de 5 anos, que tal? Son Rosa, a profe de inglés, canto me tarda vervos! Bueno, a verdade é que xa vos vexo, que son moi cotilla e asómome moitas veces por aquí a ver en que andades.

Estou un pouco preocupada porque creo que as profes vos están mandando mooooitos deberes, e non estou segura se vos quedará tempo de ir ao Symbaloo de inglés que vos preparei para que xogárades. Recordade que tedes que pinchar neste blog en “Outros”, “Actividades” e, por último, no apartado de “English”. Tamén o podedes atopar ao final da aula virtual da páxina web da escola.

Que vos parece se repasamos un pouquiño, para que non se nos olvide todo o inglés que sabemos? Imos cantar unha canción, aquela tan divertida do señor tolo, acordádesvos?

Podedes cantala e bailala unhas cantas veces, e... quen se atreve a mandar un vídeo? Xa vin que a muiñeira vos saiu moi ben. Un montón de bicos.


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon