Gracias.

Hai días nos que as cousas se reviran, hai temporadas nas que o mundo xira dunha maneira singular, rara, atípica, e non sabemos moi ben onde nos leva.

Hoxe, entre todas esas cousas que van e veñen, fumos recibindo os novos traballos dos nosos nenos e nenas. Sempre é unha ledicia, pois cada un deles é un raíño de sol no medio destes días feos, grises e un aquel tristeiros. Hoxe, polo medio desas raioliñas de sol, chegounos unha mensaxe moi especial, unha loubanza ao traballo realizado nas nosas aulas ao aire, unha mensaxe de gratitude, de entusiasmo, ledicia e ánimos que nos envía Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.

Gracias polas túas palabras... foi un pracer.



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon