Fágase a luz

A luz é o principio de todas as cousas. A luz permite ver, permite ser vistos, a luz permite apreciar as cores... ata o punto de que cada cor é unha luz: hai unha luz verde, unha luz vermella, unha añil... e se as poñemos todas en semicírculo fan un Arco da Vella. Sabiades que o Arco da Vella é de luz? e todas as luces xuntas fan a luz branca, e se faltan todas... daquela, se faltan todas, o que temos é a oscuridade.

Gracias á luz coñecémonos, gracias á luz non tropezamos...


Gracias á luz!


Por todas estas cousas, porque os días son máis longos, porque parece que comezamos a ver a luz despois do tempo de corentena e porque o día 16 é o Día internacional da Luz, queremos adicar as actividades desta semana a traballar con ela.

Hoxe, como proposta de actividade matemática, vai a de medir sombras. Facede un midesombras, cos números do un ao dez... e medide o que se vos ocorra. Nosoutras temos o noso:



E decidimos medir algúns xoguetes:






0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon