Eu experimento na casa

Actualizado: abr 18

Todos e cada un de nós comezamos a vida como auténticos científicos xa que temos curiosidade e moitas preguntas acerca do mundo que nos rodea.

A través de experimentos, os nenos e nenas involúcranse na aprendizaxe dunha maneira máis divertida, atractiva e eficaz. Algúns dos beneficios dos experimentos son os seguintes:


- Xeran curiosidade polo descoñecido e entusiasmo para enfrontarse a un problema.

- Poden participar manipulativamente.

- Se o experimento é en equipo implica unha organización grupal.

- Promoven a reflexión tras a realización do experimento para extraer conclusións.

- Aprenden facendo e xogando.


O obxectivo é que os nenos e nenas teñan unha visión integral, que desenvolvan habilidades de pensamento: cuestionar e reflexionar sobre os fenómenos naturais que suceden ao noso arredor, o que lles permitirá formular hipóteses e verificalas mediante a experiencia.


En que consiste a actividade?

1º- Realizar un experimento co material que teñades nas vosas casas.

2º- Escribir en que consiste o voso experimento.

3º- Facer unha foto.

4º- Mandala ao grupo de WhatsApp.


Aquí vos deixamos o noso experimento e recordade o que dixo Benjamin Franklin:


"Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo"



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon