Escape Room das Aulas no Aire

Ola amiguiños e amiguiñas! Xa vimos durante estes días que sodes uns reservistas dos pés á cabeza, encantáronnos os carteis que fixéstedes, todo o que traballástedes e todo o que estades aprendendo.

Hoxe queremos continuar coa temática do mar, martes de mates e mar... O martes pasado fixemos un xogo de memoria e hoxe queremos facer algo un pouquiño diferente, utilizando as novas tecnoloxías.

Sabedes o que é un escape room? Seguro que algúns si, pero outros e outras non... Un escape room é un tipo de xogo onde hai que prestar moooita atención e seguir pistas para, finalmente, chegar ao fin dunha misión. Neste caso encontrámonos cuns animais mariños pechados nunha piscina e, como ben sabedes, ese non é o lugar para eles, seredes capaces de resolver todas as misións e liberalos ao océano? Por certo, os xogos de escapismo acostuman a ser en grupo, por iso, se necesitades axuda doutras persoas, non hai problema!


Con toda a nosa ilusión esperamos que vos guste este xogo e, por suposto, que ao acabar teñades o título de rescatistas xunto co que xa tedes: reservistas. Preme na imaxe!



As Aulas no Aire propóñenvos unha nova misión. A XOGAR!

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon