DISFRACES, RIMAS E RISAS

Atención, atención que se abre o telón!

Imos facer unha rima, que mo dixo miña prima.

Tamén inventar un disfraz, que pode ter antifaz.

Con cartón ou baeta, podes facer a careta.

Se queres ir de gaiteiro, busca tamén un pandeiro.

Se queres ir de poeta, escribe nunha libreta.

E así, con verso, disfraz e a careta, fas unha foto completa.

Manda ao whatsApp esa imaxe, do teu lindo personaxe

que nos vai facer sorrir e, aínda máis, fartar de rir.



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon