DE SETE CORES

Seguimos cos venres literarios…

Hoxe é o último venres do mes de maio e gustaríanos rematar enchendo as Aulas de cor. Como?

Pois relacionando dúas artes: a poesía e a pintura.

Empezamos cun poema:

O ARCO DA VELLA

O arco da vella no ceo subido

co seu colorín, co seu colorido.

O arco da vella con sete colores

que teñen, no ceo, beleza de flores.

O arco da vella no ceo chantado

co seu colorín, co seu colorado.

O arco da vella é un arco triunfal

con sete guerreiros que a ninguén fan mal.

O arco da vella de luz feito é.

Resulta un milagre, que siga de pé!


Manuel María

Pois si amiguiños e amiguiñas, os poetas moitas veces escriben versos que falan das cores, outras veces os seus poemas parece que teñen cores divertidas coma os de Gloria Fuertes, por exemplo. As cores son unha ferramenta que se emprega moitísimo!

Pero, seguramente, aquelas persoas que máis empregan as cores son os pintores. Acordádesvos que na escola fixemos un mural imitando unha obra de Vassily Kandinsky?



Este é outro cadro do mesmo autor no que se poden ver un lote de círculos de cores que ocupan o espazo e, en ocasións póñense uns enriba doutros.



Pois imos xogar con estas dúas cousas e

pintar as nosas Aulas no Aire de cores!

A actividades son as seguintes:


1. Facer un traballo de círculos de cores coma o de Kandinsky (podedes empregar vasos, pratos, ou cousas con esa forma para debuxalos). Os círculos podedes pintalos ou recortalos en papel, cartolina ou caixas de galletas… o que teñades pola casa. Iso si: os círculos teñen que ir sobre un fondo negro (podedes poñelos encima dunha camiseta, ou o que teñades de cor negra se non tedes papel).

Nosoutros fixemos un na escola con outros nenos e nenas. Quedou así:



2. Completar os seguintes pareados cos nomes das cores. Seguro que sodes capaces de adiviñar cal é a cor que corresponde en cada caso (mamás, papás… non vale dicirllo aos nenos e nenas… teñen que adiviñar, que é moi fácil:


- Atopei un escaravello de cor.....

- Fun a unha granxa e comín unha.....

- Teño un martelo de cor.....

- Debuxo un cadrado e píntoo de.....

- Vin unha raposa vestida de.....

Podedes recitalos ou escribilos. Incluso podedes inventar os vosos pareados e enviárnolos para completar.

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon