Cunha cuadrícula

Actualizado: abr 15

Ola de novo a todos e a todas! Despois desta semana de descanso volvemos á marcha, esperamos que todo vaia ben por aí. Nós temos as mesmas ou incluso máis ganas de vervos!


Hoxe imos traballar cun soporte moi sinxelo de realizar, pero que nos vai dar moitísimas posibilidades.

Cantas cousas imaxinades que podemos facer cunha cuadrícula?

Algúns rapidamente vos referiredes ao tres en raia, ou ao xogo de afundir a flota...

Pois si, podemos facer un xogo, podemos empregalas para sumar, para copiar un debuxo... Grandes artistas como Durero no renacemento empregaban un sistema de cuadrícula para facer as súas pinturas.

 

Imos propoñervos varias actividades matemáticas con cuadrículas:


1. O TRES EN RAIA

- Para xogar ao tres en raia primeiro facemos a cuadrícula. E qué precisamos para facela?

Pois cunhas liñas pintadas cun rotulador, temos o xoguete feito, agora ben, aquí entra a imaxinación de cada un. Nosoutras empregamos unhas cintas pegadas na mesa.


- Despois escollemos as fichas:



2. COPIANDO MODELOS

- Para esta actividade precisamos dúas cuadrículas, unha para o modelo e outra para reproducilo.

Neste caso fixemos unha cuadrícula con algúns cadros máis que a anterior.


- Aquí vos deixamos algúns exemplos:




Pois si, amiguiños e amiguiñas, estes son os traballos que hai que facer hoxe. Para o segundo, o de copiar modelos, precísase concentración e... ollo! Non vale facer "trampas", nin que o fagan os maiores... xa que para eles imos propoñer un xogo de lóxica:


O XOGO CONSISTE EN:

Pensar que liñas hai que trazar para que ao recortar esta cuadrícula queden catro pezas iguais, incluíndo en cada peza unha letra da palabra CASA.

Quen se atreve?



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon