Coleccionistas de palabras...

Hoxe imos coleccionar palabras.

Si, si... está ben, non son cromos, nin chapas, nin pegatinas da froita...

PALABRAS

Unha vez estando nun congreso de profesorado, escoitámoslle a un Maestro que "Saber é saber palabras"; nesa mesma xuntanza, nunha sala chea de mestres de toda Galicia, un poeta comezou a súa exposición declarando que o que el facía era "roubar palabras nos libros cada día" para poder escribir...

Pois si, amiguiños e amiguiñas, unha das cousas máis importantes que tedes que aprender son PALABRAS. Moitas! Palabras grandes, palabras pequenas, palabras brillantes, palabras para a noite, palabras para rir e palabras para cando un está máis triste... O caso é saber que palabras queremos decir en cada momento e, para iso, para poder dicilas, hai que telas.

Que vos parece se enchemos o blog de palabras? coma se fora un saco... Se as gardamos aquí, asegurámosvos que ninguén nolas vai poder quitar, e así poderemos collelas cando queiramos.

Será o noso tesouro e sempre o podemos abrir cando non saibamos que dicir...

Onte mesmo, andivemos apañando palabras para a actividade de hoxe.


E con elas, escribimos...




Agora é a vosa quenda:

A actividade de hoxe consiste en escoller unha palabra que vos guste moito en galego e escribir unha frase con ela. Cada un, a que máis lle guste.

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon