Baixo o mar e baixo as cartas

Pasan os anos e os xogos de memoria seguen formando parte da vida recreativa dos máis pequenos. Como xa dixemos en anteriores publicacións, hai unha gran variedade de xoguetes e de xogos que ofrecen unha multitude de beneficios para os nenos e as nenas, pero hoxe imos centrarnos nun xogo que todos e todas coñecedes: o memory.

A memoria é a nosa capacidade de gardar recordos e recuperar imaxes. Neste sentido, o noso cerebro pode considerarse como unha unidade de almacenamento de información ilimitada.

Memorizar é unha actividade mental que se realiza en tres partes: gravación, almacenamento e clasificación da información. Cando un pequeno fai deste xogo un pasatempo, simplemente realiza eses tres procesos mentras o pasa ben, entrenando o seu cerebro sen darse conta. Pouco a pouco e co paso das xogadas, van incrementando as súas capacidades.

O correcto desenvolvemento de todo o proceso de memorización conleva á mellora da aprendizaxe na súa totalidade. Esto é parecido ao que ocorre na educación física cando se traballan os músculos, neste caso, o músculo traballado será o cerebro.


Algúns dos beneficios deste xogo son os seguintes:

- Entrenan a memoria visual: incrementan a memorización que se produce mediante a vista, algo moi importante á hora de comezar a ler.

- Potencian as habilidades cognitivas.

- Exercitan o cerebro dunha forma saudable.

- Melloran a concentración: os nenos e as nenas controlan o estímulo da distracción xa que lles interesa completar o xogo, isto acaba interiorizándose ata converterse nun comportamento normal.

- Aumenta a memoria.

- Potencian o desenvolvemento da linguaxe.


Xa sabedes que o tempo que se pasa cos nenos e nenas é ouro, por iso é importante elixir alternativas divertidas e ao mesmo tempo educativas. Xa vedes que é posible pasalo ben durante unha tarde con xogos que axuden a potenciar as capacidades.


Nós decidimos crear o xogo memory relacionado coa temática do mar:


A continuación copiamos as imaxes no ordenador para facer o memory das Aulas no Aire. Xa sabedes, o primeiro paso é colocar as cartas boca abaixo para ir levantando de dúas en dúas ata conseguir facer todas as parexas. Que tal se nos ensinades os vosos? Se non tedes podedes crear un como fixemos nós! A memoryxogar!


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon