Bailamos con sombras

Bos días nenas e nenos! Son a profe Marta de novo. Hoxe imos mover o noso corpo cunha actividade musical, pero... preparádevos ben, porque imos facer un baile coa nosa sombra. Si, si... coa nosa sombra.

En primeiro lugar elixiremos unha canción que nos guste. Unha vez escollida, necesitamos unha tea branca ou unha parede lisa para facer as sombras, e tamén a proxección dunha lanterna.

O que tedes que facer é un vídeo onde apareza a vosa sombra bailando. Déixovos o baile que fixen eu. En caso de non dispoñer deste material, podedes enviar un pequeno vídeo bailando a vosa canción favorita.



Moito ánimo e a bailar!

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon