As nosas axendas

Amiguiños e amiguiñas, está rematando esta etapa, a web das Aulas no Aire terá que pechar moi pronto, pero esto non significa que aquí remate todo.

Gustaríanos seguir falando con vós, continuar vendo como medrades, como aprendedes... e para iso decidimos propoñervos unha actividade que nos vai permitir comunicarnos sempre que queiramos: as nosas axendas.

En que consiste?

Tedes que escribir o voso nome e apelidos, dirección e número de teléfono para así poder seguir en contacto e poder mandarnos cartas, mensaxes ou facer algunha chamada.

Nosoutras aquí puxemos unha foto como exemplo pero non é real, mañá mandaremos o verdadeiro polo grupo das Aulas no Aire.




As propostas de actividades chegan ao seu fin este venres e daremos por rematado o curso escolar e unha etapa ben linda que é a educación infantil, pero desta maneira poderemos seguir comunicándonos.


**En caso de non querer dar os vosos datos, podedes inventar o nome dunha rúa cun nome lindo**

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon