Animaliños que nos visitan...

Un día calquera deste curso escolar chegou Gonzalo, o conserxe, á nosa aula. Traía nas mans un caldeiro de praia ben tapadiño para que aquilo que había alí dentro non se escapara. Viña preguntar se nós, por casualidade, saberiamos que bicho sería aquel tan raro que aparecera no ximnasio e que os tiña desconcertados. Preguntado daquela maneira case nos entrou medo por saber que se escondía alí. Aínda así, escoitamos para ver se tiñamos algunha pista e algo oímos, era como o zoar dun abellón; despois, con moito coidado botámoslle un ollo.


Nenos e nenas! Gonzalo trae unha avelaíña!


Pois si... unha avelaíña, aquela da que tiñamos falado tanto o ano pasado, que buscáramos en internet e que despois debuxáramos. Aquela avelaíña aparecía diante dos nosos ollos!!!

Unha avelaíña da que o nome, a verdade sea dita, asusta un pouco: "A avelaíña da morte".

Puxémonos moi contentos por tela mirado de verdade. Aí quedou o susto, e o misterio descuberto.

A avelaíña da morte, a esfinge da calavera ou Acherontia atropos é unha especie de bolboreta que certamente ten un punto misterioso. Puidera ser polo seu aspecto, pola calivera que ten debuxada no seu corpo, puidera ser polo son...

Seguramente a teñamos visto en obras de distintos artistas. Pode ser un exemplo disto "La esfinge", o conto de Edgar Alan Poe; a novela de Bram Stoker, "Drácula" ou o cartaz da película "El silencio de los corderos".

O caso é que nosoutros collimos a avelaíña e deixámola na nosa pequena horta para que fixera a súa vida, xa que non nos gusta molestar aos pequenos amigos animaliños que nos visitan.


E así foi como aquel día cambiamos a actividade que estábamos facendo polo debuxo da avelaíña.


Hoxe imos debuxar bolboretas para o noso caderno de naturalistas.

Aproveitaremos as que temos nas fichas do ano pasado. Acordádesvos?

Por certo, nas fichas do ano pasado tamén tiñamos un enlace a un arquivo no que aparecen os nomes galegos das bolboretas. Por se o queredes volver ver, aquí vai:

🦋

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon