Ampliación do caderno

A xornada de hoxe adicarémola a completar o noso caderno de naturalistas. Despois de todas as aportacións que levades feito, non quedaba menos que aproveitar os documentos que enviades ás Aulas no Aire, para ampliar o noso estudio da natureza.

Así que as propostas de hoxe son as seguintes:


ESCÁNCER

O noso compañeiro Ethan atopou un escáncer, que el chama liscanzo. É un réptil completamente inofensivo e moi habitual nos nosos campos.

ESCUDO

Esta foto é nosa, das profes...Este bichiño ten familiares que se parecen a el, aínda que con outras cores. Tamén foi un visitante habitual no noso grupo das Aulas no Aire

GALO REI

Unha bolboreta espectacular. Oxalá poidades ter a ocasión de vela, porque é moi grande e chama a atención se a vemos voar. A sorte esta vez foi de Ían

GAIVOTA POLAR

E xa por último atendemos a unha recomendación.Indicaba un compañeiro que debiamos de poñer as gaivotas no caderno. Claro...as gaivotas son moi comúns en Cedeira. Mael, tes toda a razón, pero vamos a permitirnos poñer unha gaivota un pouco especial. Esta especie solamente podemos vela no inverno e aínda así, pode ser que non se vexa, que non haxa ningunha en Cedeira. Vén dende Islandia. Esta foto foi feita hai dous anos, porque este ano non a vimos. Así pois, aí queda o reto:

Se alguén se acorda no inverno deste caderno de naturalista e a ve polo muelle, que avise!



Así que aí van as novas páxinas do caderno de naturalistas:




E os debuxos paso por paso:






0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon