Amigo misterioso

É moi importante fomentar a autoestima dos nenos e das nenas para o seu desenvolvemento, xa que unha boa autoestima non só mellora o estado emocional dos mesmos, senón tamén as súas relacións sociais e o desenvolvemento cognitivo.

Un dos máis valiosos regalos que podemos ofrecerlles é un sentido positivo de sí mesmos, para axudarlles a sentirse ben coa sua persoa. A autoestima inclúe todos os sentimentos e creencias que temos de nós mesmos e afecta a todo o que facemos na vida. Os familiares, irmáns e irmás, amigos e amigas e docentes teñen un profundo impacto no desenvolvemento da autoestima. A maneira na que a sociedade ve ao neno inflúe na maneira que éste se ve a sí mesmo. En definitiva, amizade e autoestima están fortemente interrelacionadas, por iso esta actividade tratará do seguinte:


1º- Por privado mandarémosvos o nome dun neno ou dunha nena da vosa clase. O sorteo será feito cunha aplicación de internet (www.randorium.com), non o elexiremos as profes.

2º- Tedes que facer un debuxo do amigo ou amiga que vos tocou e escribir 3 cousas positivas del ou dela, intentando poñer algo que os caracterice.

3º- Unha vez feito isto, poñedes O VOSO NOME ao lado do debuxo, ou na parte superior do papel (o da persona que vos tocou NON!!!).

4º- Mandades a foto polo grupo de WhatsApp para que cada un adiviñe cal se corresponde con el ou ela.


Estamos seguras que ides debuxar aos vosos amigos e amigas moi guapos, e, ademáis, escribiredes cousas moi lindas sobre os mesmos. Estamos deseando velo! Aquí vos deixamos os nosos, lograredes adiviñar a quen nos referimos?




0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon