Actividades co Dominó

Como sabedes na aula temos o xogo do dominó, pero en lugar de ter puntiños para contar, teñen o debuxo dun animal. Nesta ocasión fixémolo con puntiños xa que como é martes de lóxica matemática, queremos aproveitar o xogo para traballala tamén.

Está demostrado que xogar ao dominó ten moitos beneficios tanto para nenos e nenas, como para os maiores. Algúns dos beneficios son os seguintes: - Estimula os procesos cognitivos, percepción visual, atención e memoria. - Fomenta o control da impulsividade e traballa a capacidade de espera e aprender a autocontrolarse. - Desenvolve habilidades psicomotoras ao ter que colocar as pezas no lugar correcto. - Desenvolve a actividade mental e a axilidade. - Proporciona momentos lúdicos en familia e, polo tanto, desenvolve habilidades interpersoais. - Axuda a controlar as emocións tanto cando se gaña como cando se perde. - Mellora o coñecemento matemático. Hoxe propoñémosvos este xogo en familia, que seguro que moitos de vós xa tedes, pero outros e outras non, por iso vos deixamos aquí como podedes facer un dominó que consta de 28 pezas. Nós fixémolo con cartón que tiñamos pola casa, pero se non tedes cartón ou algún material duro, podedes facelo con folios. Unha vez rematado o dominó xa podedes comezar a xogar. Pero nós hoxe imos ir máis alá e centrarnos no último beneficio que puxemos arriba "mellora o coñecemento matemático". Por iso se nos ocorreron estas actividades para realizar con este xogo.





Estas son as ideas que vos traemos para que xoguedes un pouquiño cando podades. Gardádeo ben, xa que vos vai servir en futuras ocasións. Se queredes e vos animades podedes mandarnos fotos do voso dominó, das actividades que facedes con el, ou das actividades que facedes co dominó que xa tedes na casa.

A contar e a xogar!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon