Actividade 9 . Unha sesión de psicomotricidade.

Actualizado: abr 4

Comeza unha semana máis, e como non, seguimos aprendendo na casa. A actividade de hoxe vén da man de Sara, a nosa profe de psicomotricidade. Propúxonos un reto ben difícil: amarrar cordóns!

O certo é que non é unha actividade para un día, claro que non, pero este vídeo que vos fixemos, pode axudarvos a practicar.

Tedes que intentalo moitas veces para que saia... non vos preocupedes.

Esta actividade require moita paciencia!

Unha vez practicado, aí vos deixa outra actividade.

O que tedes que facer é o seguinte:

1- Debuxar a pegada do voso pé (con pintura, lápices de cores... o que atopedes pola vosa casa).

2- Contarnos que talla usades.

3- Medir con pasos a distancia entre habitacións da vosa casa (e practicar os números!).

4- Facer unha foto e mandala polo grupo de WhatsApp.


Aquí vos amosamos o seu exemplo:



Como Sara tamén sabe que vos gusta moito practicar os pasos da muiñeira con ela os xoves de psicomotricidade, aquí vos deixa un vídeo que fixo para que podades seguir aprendendo na casa. A desfrutar!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon