Actividade 8. Venres literario.

Como podedes lembrar, cada venres alterno levades un conto de lectura para a casa, co respectivo libro de traballo. Pois ben, decidimos crear os VENRES LITERARIOS, un venres será unha actividade relacionada cun conto, e o seguinte venres unha relacionada cunha poesía.

A actividade número 8 consiste no seguinte:

1º- Ler o voso conto favorito.

2º- Escribir o voso nome, o título do conto, quen volo leu, unha frase ou palabra relacionada... Podedes engadir algunha cousa máis se vos apetece.

3º- Realizar un debuxo ou unha manualidade dese conto.

4º- Facer unha foto e mandala polo grupo de WhatsApp.


Aquí vos deixamos un conto que sabemos que vos gusta moito. Xa hai tempo que non o vemos, certo?

E aquí deixamos un modelo de ficha, por se o queredes facer así:



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon