Actividade 6. Benvida ás nosas casas, primavera!

Actualizado: mar 26

Guiada da man dun soño

a Primavera chegou.

E todas as anduriñas

no ceo azul convocou!


Todo é voar e voar

e andar daquí para alá

¡Todo nun ir e nun vir

dende aquí deica acolá!


Voan pra riba, pra baixo!

Van ao alto, van ao fondo!

Voan en liña seguida,

en picado e en redondo! ( ...un pedaciño dun poema de Manuel María)



Co voar das anduriñas daba a benvida á primavera Manuel María nun poema titulado Anduriñas.

Na primavera cantan os paxariños e os campos vanse vestindo de cores, de flores e de bichiños que se alimentan delas. Con esta nova actividade queremos dar a benvida á primavera, e para iso podedes facer calquera manualidade que esté relacionada con esta estación do ano.

Seguro que cos vosos traballos iremos despertando do sono do inverno.


Aí van os nosos ...




Agora todos estes bichiños andan polas nosas casas dando a benvida á primavera...

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon