Actividade 5. Números na cociña.

Actualizado: abr 18


Se miramos o mundo que nos rodea, facilmente nos daremos conta de que vivimos rodeados de números. A nosa casa ten un número na rúa, o noso andar ten outro número no ascensor, o teléfono ten números, os recibos da compra tamén....

Os nenos e nenas comezan na educación infantil a asociar eses números coas cantidades que representan.


"Os números na cociña"

Os números, por suposto, tamén están na cociña. As receitas teñen unhas cantidades que hai que respectar. O que tedes que facer nesta nova tarefa é o seguinte:

1. Escribir a vosa receita coas cantidades en número.

2. Facer unha foto do texto.

3. Mandar a foto polo grupo de WhatsApp.

Deixámosvos aquí dous exemplos, un cada profe. Por certo, seredes capaces de descifrar as cantidades da receita de Alba? E buscar as palabras na sopa de letras do final? Ánimo!

**Se vos presta, podedes facelas e mandarnos unha foto do resultado final, xa que tempo de estar na casa temos. Eso si, tede moito coidado co forno e coa batidora, esas cousas sempre coa axuda dun adulto.

A relamerse!






SOPA DE LETRAS

AZUCRE

IOGUR

OVOS

SAL



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon