Actividade 4. Mestres e mestras da vosa escola.

Actualizado: abr 18

Como todos os días, nada máis entrar á escola, poñemos o mandilón e imos á aula.

Ui... Pero se é LUNS! Temos que poñer o mandilón de comedor (os que son de comedor), mandilón de aula o resto, coller a taza e colocala no seu sitio, devolver o libro de lectura dos venres e, agora si, comezamos a ASAMBLEA.

- "Pero..., profe... se me olvidó coger la taza..."

- "Veña, a que esperas, colócaa para comezar. Alguén máis a ten na bolsa blanca aínda?"

- "Yo"

- "Yo no me acuerdo si la cogí"

- "Uy, yo me olvidé"

- "Y yo..."

- "Y el libro... ¿Hay que colocarlo en su sitio?"

- "¡Hala! El libro..."

...

AGORA SI! Unha vez todos e todas sentados, comezamos a asamblea.


Pois ben, na actividade número 4 teredes que:

1º) Facer unha asamblea recordando a que temos na aula. Podedes facela nunha cartolina grande, nun folio... o que atopedes pola casa. Poderá levar a decoración que máis vos guste, utilizando o material que teñades á man. 2º) Facer unha foto vosa (exercendo de profes) na  asamblea cos vosos alumnos e alumnas. 3º) Mandar a foto polo grupo de WhatsApp.


Vós seredes os mestres e mestras desa escola e como non podedes estar cos vosos compañeiros e compañeiras, teredes que realizala cos bonecos, peluches e familiares que estean na casa con vós.

Recordámosvos o que tedes que incluír:

- Pasar a lista (cantos alumnos tedes na vosa escola? como se chaman?).

- Recordar o día da semana, número do calendario, mes e ano.

- Recordar a estación do ano.

- Colocar o tempo que vai nese momento (en caso de que cambie, hai que estar atentos para modificalo).

- Xogo do nome: tedes que escribir o voso nome en vertical. Con cada letra que teña o voso nome escribiredes unha palabra que comece pola mesma.


Se se vos ocorre algunha idea máis, podedes engadila, xa que desta vez sodes vós quen vos organizades para realizar a asamblea. Quen sabe, igual nós, as profes, podemos sacar algunha idea!


Cada día podedes facer esta rutina nas vosas casas, polo tanto sería boa idea ter nunha caixiña todos os días da semana, meses, números, estacións e debuxos do tempo climático.

Deixámosvos aquí a nosa idea. A pasalo ben!


0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon