Actividade 2. Un agasallo especial.

Actualizado: abr 18

Como podedes lembrar, un dos recursos que utilizamos na nosas aulas é o calendario. Este recurso sérvenos para aprender, entre outras cousas, o seguinte:

- Os conceptos de onte, hoxe e mañá.

- Os conceptos de meses, semanas e días.

- Desenvolver habilidades de organización.

- Anotar cousas importantes.


Pois ben, parece que de repente ese calendario se diluiu, agora temos a sensación de que só existe un día, un día moi grande que se chama "cuarentena". Pero, se levades ben a conta e vos fixades nos calendarios das vosas casas, mañá xoves é festivo. Hoxe propoñémosvos unha manualidade de papiroflexia para regalar a un membro da vosa familia que esté estes días con vós: mamá, papá, avós, avoas, irmáns ou irmás...


Prestade moita atención a como o fixemos nós... Seredes capaces?



E se queredes, tamén podedes aprender esta canción:


Boa viaxe, barquiños!!!

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon