Actividade 13. Rimas e risas.

Nenos e nenas, chegou o venres e unha vez máis imos adicar o noso traballo ás letras. Xa levamos aprendido unhas cantas cousiñas de poesía. No traballo de hoxe convertirémonos en poetas, pois como dicía o outro día Antonio García Teijeiro... "poetas somos todos".

A actividade consiste en inventar un personaxe, vestirse con cousas que atopedes pola casa e argallar un pareado que acompañe a ese personaxe. O que hai que enviar ao grupo de clase é un vídeo recitando o pareado.

Nosoutras xa temos o noso:


CARMEN:

EU DISFRÁZOME DE CHOQUEIRO

PORQUE VOU PARA PRIMEIRO


Pois si, meus amiguiños e miñas amiguiñas, eu decidín disfrazarme con cousas distintas que tiña pola casa. Cando eu era pequena disfrazábame moitas veces así, pero coa cara tapada para que non me coñecera ninguén. Hoxe non tapei a cara, porque senón non íades saber quen era.



ALBA:


EU DISFRÁZOME DE PIRATA

PORQUE TEÑO MALA PATA


Acordádesvos do que me dicides na escola sempre? "Aiiii... Profe... Parece que tienes la cabeza en los piés". Pois ben... Eu máis ben diría que teño "mala pata" e por iso me disfracei de pirata xa que sei que é un personaxe que vos gusta moito e atopei pola miña casa unha cartulina negra para poder facer ese parche improvisado.


Agora, nenos e nenas, é o voso turno. É o turno de que vos disfracedes, disfrutedes e imaxinedes un pareado para ese personaxe que ides crear. Biquiños!

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon