Actividade 12. Adiviña, adiviñanza...

Primeiro de todo queremos felicitarvos polo gran traballo que fixéstedes coa actividade da natureza: escribístedes un montón, debuxástedes moi ben e fixéstedes unhas coroas espectaculares. Por iso, a actividade de hoxe será máis dinámica pero... encendede ben os vosos cerebros, posto que vai haber que pensar moito.

Pois si, como vedes no título, a actividade 12 tratará de adiviñanzas. As adiviñanzas teñen moitos beneficios no desenvolvemento dos máis pequenos e tamén dos adultos, encima gústannos un montón. Que para que serven? Pois mirade:

- Potenciamos a memoria xa que temos que aprender a adiviñanza para despois poder dar unha resposta.

- Aprendemos palabras novas.

- Divertímonos en familia e, neste caso, tamén cos amigos e amigas da escola.

- Exercitamos a mente, xa que hai que pensar moito para poder buscar a solución e ao mesmo supón unha motivación para sacar o mellor de nós mesmos e dar coa resposta.

- Traballamos a linguaxe oral e a linguaxe escrita se decidimos escribir a adiviñanza.


Como vedes, as adiviñanzas só traen aspectos positivos e beneficiosos para nós. Por iso vos propoñemos a seguinte actividade:

1º Pensar moi moi ben unha adiviñanza coas vosas familias.

2º Facer un vídeo contando a adiviñanza.

3º Mandar o vídeo polo grupo do WhatsApp.

4º Escribila se queredes (xa que onte traballastedes un montón).

5º Pensar a resposta das adiviñanzas que os vosos amigos e amigas manden.


Xa vedes... Tedes que poñer esa cabeciña a funcionar (aínda máis). Está claro que se non sabemos algunha resposta, podemos preguntar a quen propuxese a adiviña.


Nós tamén decidimos potenciar a creatividade con este xogo. Recitamos as adiviñas, escribímolas nun papel e fixemos o debuxo. Seredes capaces de relacionar correctamente cada adiviña co seu debuxo? Sorte!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon