Actividade 11. Unha flor, dúas flores... mil flores

Actualizado: abr 4

A nosa intención con esta actividade da natureza, é achegar ás vosas casas algunhas desas floriñas que seguramente estén enchendo os campos estes días. Seguramente coñezades algunhas flores, pero ás veces imos de paseo e vemos moitas outras ás que non sabemos chamar polo seu nome. Hoxe imos ensinarvos algúns deses nomes.

Fotografías: Rafael López Loureiro


Se alguén quere pasar un rato da cuarentena paseando pola flora e fauna de Cedeira e a Capelada, a máis amplia ponte de información, é o blog do mestre Rafael López Loureiro.



Pois si, amiguiños e amiguiñas... son flores que hai en Cedeira. Cando poidades saír a pasear seguro que atopades algunha delas, e seguro que as ides coidar moito, estamos convencidas de que así será.


Agora que xa sabedes os nomes, imos comezar a facer un caderno de naturalistas!

En que consiste a actividade?

- Tedes que facer un debuxo destas flores e escribir ao lado o nome.

- Facer unha foto para enviar.

- Gardar ben gardadas estas páxinas do vosos cadernos de naturalistas, porque para a semana vamos facer máis páxinas, e temos que xuntalas todas (o mesmo que faciamos as profes coas vosas fichas na escola).


E se aínda vos quedan folgos, e queredes facer unha manualidade, con papel, pegamento, fixo ou cinta, podedes facer unha coroa e convertirvos na flor que máis vos guste das que puxemos.




Adiante sempre, pequenos naturalistas!!






0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon