Actividade 10 . Con un cero.


Con un cero


Con todo se puede hacer algo

Hasta con un cero

-que parece que no vale nada-

se puede hacer la Tierra,

una rueda,

una manzana,

una luna,

una sandía,

una avellana.

Con dos ceros

se pueden hacer unas gafas.

Con tres ceros

se puede escribir: y0 0s quier0

Un poema de Gloria Fuertes



Pois si, amigos e amigas... se nos paramos a pensar, e sobre todo, se nos paramos a observar, seguramente nos demos conta de que hai moitas cousas que teñen diferentes formas. Por exemplo, se miramos as nubes, unhas parecen ser un dragón botando lume, outras unha árbore xigante, outras... vaite ti a saber que xenialidades se vos poden ocorrer coas grandes ideas que amosades nas actividades día a día.

A actividade de hoxe consiste en buscar cousas pola casa, pero non vale calquera cousa, tedes que buscar aquelas que teñan forma de: círculo, cadrado, rectángulo e triángulo.

Despois facedes as fotos con algunhas formas que atopedes, e enviadelas ao grupo de WhatsApp, igual que vimos facendo habitualmente.


Cando xa teñades recollido todo aquilo que puxestes patas arriba nas vosas casas, podedes facer un sudoku de formas, aquí vos deixamos dous exemplos, e, está claro que coa imaxinación que tedes, podedes diseñar vós outros. A xogar!



0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon