A mover o corpo!

Ola amigos e amigas! Que tal estades? Son Marta, a pofe de música e coa que compartides aventuras nas vosas aulas. A verdade é que estou vendo todos os traballos que ides facendo, son fantásticos! Traballades un montón!


Hoxe estiven bailando na miña casa, pero ao final quedei moi moi cansa... e decidín facer unha botella sensorial para relaxarme. Gustaríame que me ensinárades como vos relaxades vós cando o necesitades. Seguro que saen ideas impresionantes!


Quen se anime pode enviar o vídeo do baile e da súa técnica de relaxación.

Unha aperta enorme para todos e todas. A desfrutar movendo o corpo!

E ti, que fas para relaxarte?

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon