23 de abril, día do libro

Actualizado: abr 19

Xa sabemos que hoxe non é o 23 de abril, preguntarédesvos o porqué deste título.

Pois ben, hoxe, xa que o día do libro está tan cerca, e xa que é o día que adicamos aos contos e á poesía, imos aproveitar para facer unha actividade especial. Seguro que tedes un conto que vos gusta máis ca outros porque vos fai rir, porque vos conta ese conto alguén especial, porque ten uns debuxos lindos...

Nosoutras tamén temos algunhas historias que nos gustan especialmente. Hoxe escollimos unha delas e representamos a parte que máis nos gusta. A ver se nos recoñecedes...

Xa nos contaredes a reacción dos nenos e das nenas, xa que seguro que lles fará moita gracia.

A actividade consiste en dicir cal é o voso conto preferido, e representar unha escena do mesmo. Despois mandádesnos o vídeo. Ánimo e fóra a vergoña!

Aquí está o noso resultado:



Agora é a vosa quenda

0 vistas

© 2023 by Little Rainbow. Proudly created with Wix.com

  • White Instagram Icon
  • White Yelp Icon
  • White Pinterest Icon
  • White Facebook Icon